sábado, septiembre 25, 2004

A Patricia Alonso

O esbozo dun sorriso
ás veces axuda a non perder a esperanza.
Unha rapaza, unha amiga,
alguén que te quere,
que te comprende e admira,
e pensas ¿como é posible?
¿Que terei eu para que me aprecie?
Penso que nada,
eu non teño nada,
é ela a que ten algo,
algo polo que quere
e se deixa querer.
E son esas pequenas cousas
as que fan que a túa vida
sexa menos negativa
e teña sentido, fóra de toda dúbida.

No hay comentarios: