sábado, septiembre 25, 2004

Moito máis que palabras

Moito máis que palabras
son os meus versos
moito máis que ideas
expostas nun papel sen ton nin son.
Os meus versos, se son versos
están feitos con pingas do meu corazón
con anacos da miña ialma.
Os meus versos din quen son eu
coñecenme mellor que eu mesma
pois din cousas que nin sequera eu
sei que están dentro de min.
Os meus versos medran comigo
cambian comigo, morren comigo.
Son alleos a min
á vez que son todo o que eu son
e o que fun.
Eles fan brilar a miña lembranza
fanme rir e chorar ao ler neles
o que vexo cando miro en min.
Os meus versos buscaban algo
e non sabían ver en min
os meus versos buscaban algo
e atoparonte a ti.



[o primeiro poema que dediquei a nené, aquel que me pedía caramelos...que tempos!!! 4 meses de loucura e outros tantos de tratamento contra ela...en fin, que remataron caendo de bruces nun amor que si acabaria comigo...]

No hay comentarios: