miércoles, febrero 13, 2019

Afonía


E non me quedan a penas forzas,
nin tan sequera para estalar de rabia.

Xunta os dedos


Pecha os ollos.
Visualiza o teu soño,
ese que levas dentro desde que tes memoria,
ese ao que renunciaches tantas veces,
ao que nunca deixaches de voltar.

Pronúnciao en alto,
verbalízao.
Faino realidade.
Sigue intentándoo.
Non podes deixalo atrás de novo.

martes, febrero 12, 2019

Tesouros


Sería precioso, nunha noite de luar calquera,
atopar esa caixa en que gardaches toda a Ilusión.

Non lle puxeches cadeado nin cancelas:
pero es incapaz de buscala e abrila.

Non podes evitalo


Tentas evitalo, abofé que si,
tentas non pensar no pasado,
non cargar con erros que pesan unha vida,
non aferrarte a esas lembranzas que xa pasaron
que non han volver, só o sentimiento de desánimo.

Tentas ser optimista porque sabes que é o único camino...


Pero non podes, non es quen, non es capaz...

lunes, febrero 11, 2019

Amenceres sen edulcorantes


Hai días en que nos conformamos, simplemente, 
con que chegue o amencer e non nos colla enchidos de bágoas.

martes, febrero 05, 2019

Cancións tristes e guitarras mudas


Xa a penas quedan cancións felices,
agora só quedan as que exprimen o corazón,
porque as que antes me facían sorrir
agora só consiguen envelenar a miña razón.