viernes, septiembre 24, 2004

A Nuria Cobelo

Eu teño unha amiga,
unha amiga que me escoita,
que em comprende e me quere.
Eu teño unha amiga que me anima,
que atura a historia dos meus sentimentos,
do meu amor cativo con raíces de esperanza.
Unha amiga a que eu teño,
que abandoa o seu para vir comigo,
para axudarme a levar
a carga do meu amor
e o pranto da miña espera.
É unha amiga eterna
que xamais me deixará,
que estará sempre no meu corazón,
e eu no dela.



[porque non sei que seria da miña vida sen ela, porque ainda a pesares dos meus conflictos internos ela sempre logra entenderme, ou alomenos, o intenta]

No hay comentarios: