sábado, marzo 28, 2020

O amor nos tempos do Coronavirus

E, de súpeto, todo cambiou. A vida parou, tomou un respiro. Non foi voluntario, pero si necesario. E mudaron as prioridades, as necesidades, os pensamentos e até a forma de sentir. Dicía García Márquez que o amor tiña síntomas que poderían confundirse cos do cólera. Pode que fose verdade, cando menos naqueles tempos que o amor era case unha enfermidade. Hoxe, pode que os síntomas do amor se asemellen máis ao do coronavirus, alta temperatura e dificultades para respirar. Ansiedade. Hai quen comeza agora a valorar as apertas, os bicos, os aloumiños... o tempo de calidade compartido coas personas que nos fan sorrir, que nos emocionan, que nos enchen o corazón. Sempre dixen que a mellor unidade de medida para a distancia eran as ganas. E se medimos en ganas, as persoas ás que quero están tan próximas que podería dicir que as teño dentro de mín, tatuadas na alma. O amor e as seas manifestacións son hoxe diferentes: unha mensaxe de texto, unha chamada, unha videoconferencia, un brindis a distancia, unha canción que nos una, sentir a súa pel na tja pel, aínda que non estea ao teu carón. O amor xa non é unha enfermidade, é a mellor vacina e menciña para calquera pandemia que nos asole.