viernes, septiembre 24, 2004

02/11/04

Bótote tanto en falta
que non podes nin imaxinar.
¿como puiden non decatarme
que estiveches e inda estás
na miña ialma e no meu corazón?
Un soño trasladoume á realidade
parece mentira,
non dou creto ao meu subconsciente.
Non podo crer que pensase
que xa te esquecera
é unha toleria.
A cousa é que te imaxino tal como es,
non como fuches, é raro.
¿Acaso pode ser que eu
podo verte estando onde estás
lonxe de min, sen dar sinais?
Ou quizais as das
por iso te soño
voume voltar tola.
¿Por que non volves?
Sabes, e eu tamén
que sempre terás un oco
no meu corazón
aqui, xunta min.



[ainda que xa fai meses que non aparece polos meus soños, non quere decir que nun suposto encontro eu puidera pecharlle as portas da lembraza]

No hay comentarios: