domingo, septiembre 26, 2004

Miro cara a Lúa,
redonda, branca,
perfecta.
Sento nunha pedra lisa,
sen aristas.
Sigo mirando á Lúa
xamais cansaría de mirala.
Cando ollo para ela
sinto unha sensación de acougo,
dun pracer infinito.
Os problemas quedan illados,
pensas, soñas, maxinas,
es feliz.



[á marxe do caracter romántico que leva implícito mirar cara a lúa, sempre foi o astro que máis me gustou ollar...]

No hay comentarios: