jueves, enero 31, 2019

Sucede, ás veces.


Ás veces, queres chorar
e descubres que xa non che quedan bágoas.

Ás veces, loitas por seguir enteira
e non podes evitar romper en mi pedazos.

Ás veces, daste de conta de que levas
demasiados días chorando na ducha,
mentres algún cantautor soa de fondo.

Ás veces, nin a túa maior paixón
é quen de acougar a túa alma.

viernes, enero 18, 2019

Alma de outono



Cando Xaneiro se confunde
e pensa que volve ser Novembro.

Hai sensacións que sempre acaban por volver,
especialmente as que non queres ter máis.

jueves, enero 17, 2019

De Soños e Perdas





- E logo,

ti sabes onde marchan os soños que perdemos?


Haberá alguén que se dedique a recollelos e gardalos nunha caixa?

Por se algún día nos decicimos a recuperalos...

Crepuscular


Como cando chega o crepúsculo 
e te das de conta de que perdiches o tempo todo o día.

Así, coa vida.

miércoles, enero 16, 2019

A carga do fracaso


Sabes?

Durante un tempo deixei de levar
esa sensación de fracaso ás costas;

Pero agora que volveu 
semella ser infinitamente maior.

A vida continúa, mais non avanza


Ás veces, 
resulta imposíbel non volver sentirse fracasada.

Percorrer os mesmos camiños,
día tras día, ano tras ano,
e sentir que non avanzas.

Que pensaría aquela nena de finais de século sobre a vida que lle tocaría vivir?