jueves, noviembre 08, 2018

martes, noviembre 06, 2018

Entre grises e vermellos


En realidade, 
non importan cantas árbores vermellas atope hoxe no camiño.

Por moito que as necesite
non poden coa escuridade dos días e as semanas grises.

lunes, noviembre 05, 2018

A nena das cancións de autor



Escoitar en bucle as cancións máis desgarradoras dos meus cantautores de cabeceira
porque non son que de escoitar as que me debuxan un sorriso
porque xa non me saen naturais, salvo en contadas ocasións.


As ganas de chorar ganan ás ganas de todo o demais
sexa luns ou venres, porque xa non importa.

Ganas de chorar, gritar, correr ... a cada instante;
e non poder máis que o primeiro.

A vida custa... xa o di esa canción de Marwan que non paras de tararear,
como todas as demais.



domingo, noviembre 04, 2018

Vilas do outro lado da ría


Poucos lugares me atrapan do xeito en que o fai a túa vila
poucas persoas consiguen facerme sentir na casa sen estalo.

Hai amizades que son más grandes do que puidesen parecer nun principio,
hai amizades que valen máis polos silencios e as miradas que polas palabras...


sábado, noviembre 03, 2018

A voltas co frío polar


O frío polar volveu, irremediablemente, ás miñas mans; 
pero tamén aos meus pensamentos e á miña alma.

Había ben tempo que novembro non me envolvía por completo.

miércoles, octubre 31, 2018

En branco e negro


Penso que cambiei a ansiedade pola desmotivación,
a preocupación pola  melancolía,
as cores intensas polo blanco e negro.

martes, octubre 30, 2018

Melancólico outubro



Disque os galegos somos os mais melancólicos,
especialmente no Outono.

Aínda non apareceu novembro 
e xa me ten roubada a alma.

lunes, octubre 29, 2018

Soñar é pra valentes


É posible (e incluso probable) 
que os soños acaben por cumprirse.

O que non teño tan claro é que, 
se iso chega a ocorrer, 
teñan pagado a pena todos os sacrificios feitos no Camiño.

Preguntas sen resposta



Aínda non fun capaz de comprobar 
se realmente podo chegar a ser CAPAZ.

martes, octubre 23, 2018

viernes, octubre 19, 2018

Débedas pendentes


E non deixas de repetirte que non lle podes fallar máis
que esa nena que fuches sigue estando aí,
que lle segues debendo esa vida coa que siempre soñaba,
que ela aínda cre en Ti
e Ti tes que volver facelo.

Por ela,
por Ti.

lunes, octubre 15, 2018

Esa soy yo


Esa soy yo,
la que nunca llega a la hora, 
la que empieza y termina tarde, 
la que nunca sigue ni su propio ritmo.

Esa soy yo, 
la que muchos quieren conocer,
la que la mayoría abandona,
la que sólo unos pocos se aventuran a querer.

Esa soy yo, 
la chica mas complicada de toda la ciudad.

miércoles, septiembre 12, 2018

El enésimo corte y edición





Y a pesar de todo, sigo siendo la chica de los infinitos corte y edición, la que, para cortar por lo sano con las dudas, no duda en encomendarse a un tijeretazo sin vuelta atrás.


Y sigue estando más pendiente de los demás que de sí misma, 
pero ahora, al menos, ha aprendido a quererse.

Y es capaz de reír y sonreír cuando por dentro está llorando a mares,
y es capaz de detener ese torrente interno para decirse a sí misma:

No lo dudes, cree en Ti.
Hoy y Siempre, CAPAZ.

miércoles, febrero 14, 2018

Nunca, Nada, Ningures.



Cando tes a alma e a conciencia tranquilas non escapas do teu pasado, 
nin sequera do que máis dano che fixo. 
Por fortuna,
hai portas que chegan a pecharse silandeiras,
 sen portazos nin avisos.