jueves, noviembre 08, 2018

martes, noviembre 06, 2018

Entre grises e vermellos


En realidade, 
non importan cantas árbores vermellas atope hoxe no camiño.

Por moito que as necesite
non poden coa escuridade dos días e as semanas grises.

lunes, noviembre 05, 2018

A nena das cancións de autor



Escoitar en bucle as cancións máis desgarradoras dos meus cantautores de cabeceira
porque non son que de escoitar as que me debuxan un sorriso
porque xa non me saen naturais, salvo en contadas ocasións.


As ganas de chorar ganan ás ganas de todo o demais
sexa luns ou venres, porque xa non importa.

Ganas de chorar, gritar, correr ... a cada instante;
e non poder máis que o primeiro.

A vida custa... xa o di esa canción de Marwan que non paras de tararear,
como todas as demais.



domingo, noviembre 04, 2018

Vilas do outro lado da ría


Poucos lugares me atrapan do xeito en que o fai a túa vila
poucas persoas consiguen facerme sentir na casa sen estalo.

Hai amizades que son más grandes do que puidesen parecer nun principio,
hai amizades que valen máis polos silencios e as miradas que polas palabras...


sábado, noviembre 03, 2018

A voltas co frío polar


O frío polar volveu, irremediablemente, ás miñas mans; 
pero tamén aos meus pensamentos e á miña alma.

Había ben tempo que novembro non me envolvía por completo.