domingo, octubre 24, 2004

O día esta a punto de esgotarse. Os derradeiros raios de sol que verán os seus ollos quentan a súa pel. A Lúa aparece por entre as polas das árbores. Hai lúa chea. As bágoas corren polas súas meixelas. Sen querer, contempla un espectáculo unico. A ras do solo, o astro rei afúndese na terra mentres, ao outro lado, a Lúa xa se ve no alto. Pode ver aos dous á vez pero non se sinte afortunada. Logo sucédense instantes nos que fala o silencio. Nada turba este tristeiro marco. Agora xa só queda a Lúa. Aparecen sombras no ceo da noite. Sécanselle as bágoas, xa non pode chorar máis. Volve a súa faz cara a Lúa. Pregúntalle co seu ollar cánto tempo lle queda de vida. A luz da Lúa ilumínalle a cara. Só isto sírvelle como resposta. Ela recóstase ao pé dun castiñeiro e durme. Soña co seu amor, o seu fatídico amor cheo de desgracia e de dor. Sofre, ten pesadelos. Busca coas súas mans ao seu compañeiro. Non o atopa, esperta. Incorpórase. Sinte frío, treme. Volve recostarse e expira. Na alborada atopan o corpo sen vida dunha rapaza, dunha rapaza que morreu de amor.




[primaveira 2001]

No hay comentarios: