jueves, octubre 07, 2004

Chove,
empápome de bágoas dos anxos.
A roupa apégaseme á pel.
Pecho os ollos
imaxino que estou no lugar onde estou
cos ollos abertos.
Cóllesme polo van,
bícasme na meixela,
mírasme aos ollos.
Pecho os ollos
e apértasme mentras me bicas nos beizos.
Abro os ollos e desapareciches.


[despois de moitos arranxos asi quedou isto...tampouco é para tanto non?]

No hay comentarios: