lunes, noviembre 10, 2014

Ansiedade en Fa menor

Impotencia, rabia, enfado ... ganas de empezar a berrar e non parar até quedar sen voz. Todas esas cousas que pensaba que xa non tería que experimentar tan a miúdo como antes e, non obstante ....

Sentirme soa, de novo, a pesar de que non o estou. Que me escoitan, que me comprenden, que me queren ... mais sigo sendo incapaz de abrirme de todo, de confiar na xente que me rodea. Excepto en ti, que cargas coas miñas dúbidas, coas miñas preocupacións, cos meus anhelos ... con todas e cada unha das miñas cruces. Axudándome a seguir camiñando, a non caer, a non deixarme afundir polos tropezos.

E sigo a sentirme incapaz, como antes, como sempre. Sigo sen recoñecerme no espello, sen verme como antes, como xa non recordo cando foi a última vez... E, ao mesmo tempo, sigo sin ter razons para sentirme así. 

Parece que xa nada ten sentido, a estas alturas.


No hay comentarios: