lunes, septiembre 08, 2008

Suso



Hoxe vai por Suso. Porque xa ten un aniño máis e so por iso merece unha mención especial.


Coñezo a Suso de vista e de oídas dende que cheguei á facultade o primeiro ano. Era Suso o do Choio, o que compartía pensión con María Benitez. Cos anos acabou sendo susiño sen mais.


Bueno, sen máis non. Suso é unha desas persoas que canto máis coñeces, máis te das de conta que ten por coñecer. Nestes dous últimos anos que nos coñecimos máis, compartimos horas de estudo e descanso no aulario, algún café ou bocata que outro, conversas sobre música ou sobre mil cousas máis, concertos, festas diurnas e nocturnas, comunicacións virtuais. E todavía queda tanto por descubrir del.


Suso é enxeñeiro industrial, ben, está en proceso de selo. E escolleu a especialidade que non escolle ninguén. Está claro que non é como os demais.


Suso é deportista cen por cen, non de élite, pero porque non quere. Poucas persoas coñezo que o sexan hasta tal punto. Vino xogar ao futbol mil veces (e gañar cos calcetíns da sorte) na liga universitaria, correr por diante da miña casa centos de noites, e dende logo non é nada raro que vaia a todas partes na súa bici.


Ademais, Suso é un artista dos pés á cabeza. E non o digo por quedar ben con el porque saiba que o vai ler, senon porque de veras penso que é así. Suso canta, Suso escribe, Suso toca, Suso compón. Suso fai todo o que lle saia de dentro, que é moito. Ademais, é un rapaz moi comprometido con moitas causas, sobre todo con todo o que teña que ver coa música e coa cultura.


Suso empeza a falar de música e quédase só, porque ten tanto que aportar que nunca haberá tempo suficiente. Suso ten un grupo que se chama Os Blueshomes que a mín persoalmente me gustan moito. E recoñezamos que non é o meu estilo de música favorito (aínda que en realidade cos anos creo que me gusta xa de todo). Pero teñen algo que me gusta nos artistas, e é que son diferentes a calquera cousa que eu puidera escoitar ata o de agora (aínda que a miña cultura musical xa sabemos que non é tan vasta como debería, pero pouco a pouco imos mellorando iso).
E podería dicir mil cousas máis, porque como dixen unha vez, eu empezo a falar de Suso e non paro. E logo ao rapaz lle saco as cores e non é plan. Temos moitas cousas en común e moitas máis que iremos descubrindo seguro. Gústame cruzarme con el polo campus porque sempre ten un sorriso ou algún comentario agradable.


Hoxe é o seu día, e so quería contarvos un pouco como é. Algúns xa o coñecedes e todo o que escribín xa o sabedes de sobra. Para o resto, agora xa sabedes algo máis deste rapaz de Meira que inevitablemente, aquí e alá, cae ben a todo o mundo.



FELICIDADES SUSO!

(e sorte pra mañán!!!!)

5 comentarios:

Suso López dijo...

fatima... si que me sacas as cores... esto é como si me cantars o cumpleanos feliz no aulario jajaja!

gracias!!!moitas gracias!

bicos, vou estudiar!

MoN dijo...

felicidaaades para el!!

ei, me gusta leerte en gallego, asi me empapo mas y voy aprendiendo. :)

Ainhoa* dijo...

Jejeje felicidades, supongo que sera para jesus ;)
mas o menos he entendido jejejeje. me gusta :)
Un beso y cuidate!

Unknown dijo...

Galegoooooo .... Ayyyy que morriññññaaa!

Un bico para ti
Y felicidades para Suso!

Pilar
Desde Cerezas de Tul

Aniña (@vampyevil) dijo...

felicidades para suso