miércoles, julio 06, 2016

Perderme para ser quen de atoparme


Non sempre foi fácil manter a compostura,
non sempre foi fácil mirarme no espello e recoñecerme, 
non sempre foi fácil non perder o Norte.

En realidade, nunca o foi.

Pero, a diferenza de antano,
aprendín a recoñecer a que manos debo aferrarme.

Aprendín dos cantautores de turno
e dos amigos que en realidade non o eran
que non é bo dar todo a quen nin o pide nin o quere,
nin moito menos a quen non da nin as grazas.
Máis si paga a pena entregarse a esas almas boas que,
aínda que as veces nos custe velas, 
sempre están aí, esperando que confíes nelas.

E nunca marchan.

No hay comentarios: