Hai días nos que a realidade me supera.
Levo anos facendo un traballo semellante,
mais non sempre é fácil.
E, ás veces ...
ás veces penso se de verdade servo para isto,
porque, ás veces, os problemas e a realidade te superan
e non sabes ou non podes responder.
Ás veces, simplemente, subsistes.
Aguantas, sorrís cando queres chorar
e aguantas....
E non sabes se iso é suficiente.
O traballo, o futuro, a vida...
non sempre son fáciles de sobrelevar.
Sobre todo cando te fallan as forzas.